Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2020

Comezan as Mochilas Viaxeiras!

Imaxe
Hoxe poñemos en andamento o proxecto das Mochilas Viaxeiras !, que xa ten un percorrido significativo no noso centro. Neste curso viaxarán polos niveis de Educación Infantil (4º, 5º e 6º) e Educación Primaria (1º, 2º, 3º e 4º). Agardamos que gocedes cos contidos das mochilas e que teñades unha moi boa viaxe!

I Concurso de "Chíos con amor"

Imaxe
O EDLG do CPI Afonso VII, en colaboración co Departamento da Biblioteca, convocamos o "I Concurso de chíos con amor" dirixido ao primeiro ciclo da ESO (1º e 2º). Deixámosvos aquí as base s para que lles poidades botar un ollo. Tendes até o 7 de febreiro para participar, e estade seguras e seguros de que haberá premios! 😋". Bases do concurso:

Comezamos!

Imaxe
Ola a todas e a todos! Xa estamos aquí! E non era sen tempo! O EDLG do CPI Afonso VII comeza a moverse tamén pola rede! Estade atentas e atentos, porque a partir de agora publicaremos tamén por aquí todas as novidades relativas ás actividades que facemos no noso centro relacionadas coa nosa lingua. Benvidas e benvidos!