Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2020

25 de abril, Día da Liberdade

Imaxe
Compartimos convosco un dos recursos que subiron ás Aulas Galegas , onde se nos explica moi ben a historia do 25 de abril e a simboloxía do caravel. Sabiades que a muller que fixo dos caraveis un símbolo desta Revolución portuguesa era filla de galega? Tamén podedes entrar aquí e ver. E por último, enviámosvos virtualmente un dos caraveis que fixemos desde a EDL para vós! 25 de abril, Sempre!

O noso centro celebra o Día do Libro!

Imaxe
Hoxe é 23 de abril, o Día do Libro ! Ilustración para o Día do Libro 2020, de Kiko da Silva Desde o Club de Lectura Iris , convídannos a todas e a todos a participar nesta celebración, coa divulgación de libros que xa lemos ou estamos a ler e quedan en nós para sempre. Non perdades o vídeo que fixeron! 😍 Deixámosvos aquí toda a información e animámosvos a participar! Veña! ****** E ti, que estás lendo? Comparte connosco un debuxo, fotografía ou vídeo. A idea é mostrar un conto que che guste, un libro que leras nos últimos días ou a lectura dun pequeno fragmento literario. Todo vale!!! Para compartilo podes envialo a clubdelecturairis@gmail.com Os dous mellores recibirán un agasallo conmemorativo do Día do Libro 2020.

Sorpresa!!

O alumnado sodes o máis importante do noso centro 😍 Todo o persoal do Afonso VII pensa en vós e mándavos moito ánimo 🥰 🥰 🥰 # mantedevosasalvo   # ficadenacasa   # volveremosvernos   # sorpresa !!