Publicacións

Concurso "IV Chíos con amor"

Imaxe
 Pois si, acabou o 1º trimestre moi rápido e agora que xa estamos acabando xaneiro, convocamos unha nova edición do noso concurso Chíos con amor , con dúas categorías (unha para 5º e 6º de Primaria e outra para 1º e 2º da ESO). Deixámosvos por aquí as bases para que lles poidades ir botando un ollo, mais lembrade que tendes até o 9 de febreiro para ir enviándonos ao noso email (edlgafonsovii@gmail.com) os vosos chíos, que non poderán conter máis de 280 caracteres. Veña! Animádevos e lembrade: A partir da C andeloria, ningunha ave voa soa! 🐦🐦

Ola! Volvemos con novas forzas e novidades!

Imaxe
 Ola a todas e a todos! Volvemos estar activos neste novo curso académico 2023/2024! e para iso comezamos achegándovos as primeiras informacións! Temos unha nova cortiza , xusto en fronte da Biblioteca, onde colgaremos e poremos todas aquelas informacións relacionadas coa nosa lingua. Ide ver a ver se hai algo interesante para vós! E ademais traémosvos un  concurso  acabado de saír do forno: Aproveitando que xa está aí o Samaín ou Defuntos, desde a EDLG queremos que vos fotografedes lendo un libro de medo. Mais, ollo! a fotografía ten que ser terrorífica ! Participade e gañade un agasallo sorpresa! Tendes até o 3 de novembro para enviala ao noso email ( edlgafonsovii@gmail.com ). Bulide!! uuuuhhhhhh!!!!

OBRADOIRO DE REGUEIFA

Imaxe
O venres pasado volveu ao noso centro a nosa Sara para lembrarnos como era isto da regueifa . Pasamos dúas horas estupendas e tamén serviu para recuperar a emoción de regueifar e ata para renovar as ganas de preparar "unha boa" para a II Festa da Linghua. Sara Marchena , moitas grazas por visitarnos!

DÍA DE ROSALÍA

Imaxe
O pasado 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía coa participación de todo o centro. Como plantamos pensamentos, recitamos, montamos unha exposición con versos do alumnado,...e case todo ao aire libre, saío o sol para facilitarnos a homenaxe. Por aquí deixamos algunhas imaxes que resumen o día.                           Plantamos pensamentos de diversos tipos. Que as nosas palabras medren na terra!   A cativada do cole tamén fixo moitas cousas ben interesantes:

Gañadoras do concurso de chíos

Imaxe
Temos gañadoras do Concurso de Chíos!! Agradecementos para toda a xente que participou na celebración da Candeloria, porque coas vosas mensaxes enchemos o centro de cor. Agora o amor está no aire e nas vosas cartolinas.  Parabéns!