Concurso "IV Chíos con amor"

 Pois si, acabou o 1º trimestre moi rápido e agora que xa estamos acabando xaneiro, convocamos unha nova edición do noso concurso Chíos con amor, con dúas categorías (unha para 5º e 6º de Primaria e outra para 1º e 2º da ESO).

Deixámosvos por aquí as bases para que lles poidades ir botando un ollo, mais lembrade que tendes até o 9 de febreiro para ir enviándonos ao noso email (edlgafonsovii@gmail.com) os vosos chíos, que non poderán conter máis de 280 caracteres.

Veña! Animádevos e lembrade: A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa! 🐦🐦




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Preparando a I Festa da Linghua: Videomontaxe de fotografías

Un mes cheo de letras