Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2021

Certame a[R]itmar Galiza e Portugal 2021

Imaxe
 A EOI de Santiago de Compostela leva organizando desde o ano 2016 un certame que ten por obxectivo a divulgación da música e a poesía galego-portuguesa actuais, e así poder achegármonos á cultura e á lingua dos dous países, no marco do desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e os vínculos coa lusofonía.    Agora está aberto o prazo para as votacións en liña da mellor canción galega e portuguesa do ano 2020. Tendes até o 20 de marzo e todas as persoas participantes, entrarán no sorteo dun lote de libros e CD's!  Logo dunha primeira fase na que o xurado seleccionou os dez mellores temas en galego e os dez mellores temas en portugués, xa coñecemos as músicas e artistas nomeados nesta edición. Aquí os están: Por Galiza resultaron finalistas: Baiuca, Guadi Galego, Mercedes Peón & Strecherensemble der Augsburger Phillarmoniker, MJ Pérez, Néboa, Os d'Abaixo, Pauliña, Ukestra do Medio, Uxía & Sérgio Tannus e Xoana. E por Portuga

Entrega do merecidísimo premio á autora do noso nome, "Palabras polo Umia".

Imaxe
  Hoxe entregámoslle a Julia Souto, de 3ESO A, o seu premio. A novela ilustrada "Dúas moedas", de Núria Tamarit, que resultou galardoada no concurso de Novela Gráfica "Premi València" e que nos achega a unha parte da realidade africana. Parabéns, Julia!  E deixámosvos un pequeno vídeo sobre o proceso de creación desta novela :)