Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2020

Un mes cheo de letras

Imaxe
Aquí estamos de novo para compartir convosco o que vos tiñamos prometido! En primeiro lugar, o alumnado de 4º ESO estivo traballando arreo arredor da figura de Carvalho Calero, homenaxeado este ano. Velaquí as achegas de Cristina Senín Rojo (4º B), Fátima Gómez Louro (4º A) e Lúa Aragunde Abraldes (4º A). Ricardo Carvalho Calero. Unha pequena biografía. Ricardo Carvalho Calero, a quen se lle dedican as Letras Galegas 2020, naceu en Ferrol o 30 de outubro do 1910 e faleceu en Santiago o 25 de marzo do 1990. Foi un escritor e filólogo galego licenciado en dereito e en filosofía pola universidade de Santiago de Compostela e Doutor pola universidade de Madrid. Á parte de pertencer  á Real Academia Galega durante algúns anos, foi tamén membro da Academia das Ciencias de Lisboa e membro de honra da Associaçom Galega da Lingua. E non só, xa que tamén foi membro do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista. Durante os seus anos dedicados á literatura escribiu dende po

Letras Galegas 2020

Imaxe
E hoxe, para conmemorar o Día das Letras Galegas 2020, compartimos convosco un primeiro adianto do que estamos a facer arredor das Letras e de Carvalho Calero. Aquí tendes esta pequena postal onde aparece unha parte do alumnado de 1ESO! E ademais, para acompañar o día, deixámosvos tamén un dos moitos poemas de Carvalho Calero, titulado "Maria Silencio", publicado no seu poemario Pretérito Imperfeito (1927-1961) , do ano 1980, e musicado pola Minha Embala , un proxecto da angolana Aline Frazão . E moito galego para todas e todos, e todos os días do ano!

Preparando o mes das Letras

Imaxe
Xa case estamos no medio do mes de maio, e aínda non tiñamos entrado por aquí para darvos información sobre os traballos que estamos a preparar para celebrar o Día das Letras galegas que este ano conmemoran o autor ferrolán Ricardo Carvalho Calero. Na próxima semana tentaremos ensinarvos todo aquilo que estivemos a argallar desde o centro, pero agora deixámosvos aquí toda a información que temos para que poidades ir mergullando neste autor e pasar un bo tempo facendo actividades sobre a nosa lingua. Deixámosvos unha páxina web creada polo noso Equipo de Normalización, que tenta achegarvos a figura de Carvalho Calero desde o punto de vista lingüístico e literario. Ademais da nosa páxina, da que a maior parte das actividades xorden de outras creadas pola AGAL (Associaçom Galega da Língua), asociación da que Carvalho Calero foi socio de honra, tamén tendes máis información sobre o autor na páxina Primavera das letras , da RAG, ou na páxina da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Ga