Preparando o mes das Letras

Xa case estamos no medio do mes de maio, e aínda non tiñamos entrado por aquí para darvos información sobre os traballos que estamos a preparar para celebrar o Día das Letras galegas que este ano conmemoran o autor ferrolán Ricardo Carvalho Calero.

Na próxima semana tentaremos ensinarvos todo aquilo que estivemos a argallar desde o centro, pero agora deixámosvos aquí toda a información que temos para que poidades ir mergullando neste autor e pasar un bo tempo facendo actividades sobre a nosa lingua.

Deixámosvos unha páxina web creada polo noso Equipo de Normalización, que tenta achegarvos a figura de Carvalho Calero desde o punto de vista lingüístico e literario.



Ademais da nosa páxina, da que a maior parte das actividades xorden de outras creadas pola AGAL (Associaçom Galega da Língua), asociación da que Carvalho Calero foi socio de honra, tamén tendes máis información sobre o autor na páxina Primavera das letras, da RAG, ou na páxina da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega).

Podedes curiosear por estoutro grupo de actividades sobre a lingua e o autor, chamado Proxecto "Semana das Letras Galegas".

Edicións Embora acaba de publicar de novo o conto do autor chamado As pitas baixo a chuvia, dirixido ao público máis novo. Podedes ler o conto completo aquí e facer as actividades que vos propoñen.

Tamén tendes este Scape Room, proposta do CPI de Vedra. Entrade! A ver se o conseguides facer, que é unha actividade ben divertida! :)

Ademais, a AGAL preparou un documental sobre a figura deste autor que se divulgará este venres, 15 de maio, ás 23h00 na TVG2.

Por causa da doenza do COVID-19 as celebracións do 17 de maio non se poderán realizar, polo que moitas organizacións están a pedir o adiamento para o ano 2021 e así poder celebrarmos Ricardo Carvalho Calero por todo o alto. Podedes ver estas informacións aquí ou aquí (entre outras).

E lembrade que as letras galegas están connosco todo o ano ;)


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Preparando a I Festa da Linghua: Videomontaxe de fotografías

Un mes cheo de letras

Concurso "IV Chíos con amor"