Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2020

Ambos errantes polo mundo andamos

Imaxe
A pasada segunda-feira, 24 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía . Só que como este ano coincidiu co Entroido, decidimos homenaxear a nosa poeta uns días despois. Así que hoxe, 28 de febreiro, penduramos polas cortizas dos corredores do noso centro, os traballos que o alumnado de 1º e 3º da ESO estivo facendo, seguindo a proposta que a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) nos suxeriu aos centros educativos galegos. Pois aquí tendes unha pequena mostra desta homenaxe, baixo o lema "Ambos errantes polo mundo andamos" ( #ErrantesPoloMundo_rdc_20 ), co que quixemos amosar o diálogo que os versos de Rosalía teñen coa realidade máis crúa e actual destes tempos.                                 

Xa temos chíos gañadores!

Imaxe
Hoxe, o Equipo de Normalización e Dinamización lingüística e o Departamento da Biblioteca reuníronse e fallaron os dous premios do primeiro concurso "Chíos con amor", relativos ás dúas categorías existentes (1 e 2 ESO). As gañadoras son Alba González (1º ESO B) e Ainoa Sabarís (2º ESO B), que levaron como premios unha super mochila e un exemplar de A Mansión dos Pampín , un libro de banda deseñada de Miguelanxo Prado! Moitos parabéns para as dúas! Ademais, nos nosos corredores do centro, tedes unha exposición con todos os chíos presentados polo conxunto do alumnado do primeiro ciclo da ESO.

Día de Rosalía de Castro

Imaxe
Como ben sabedes, o próximo 24 de febreiro é o día de Rosalía de Castro, polo que desde o noso centro estamos preparándonos para celebralo por todo o alto. E estamos a seguir a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega . Iremos dando novas!