Ambos errantes polo mundo andamos
A pasada segunda-feira, 24 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía. Só que como este ano coincidiu co Entroido, decidimos homenaxear a nosa poeta uns días despois.
Así que hoxe, 28 de febreiro, penduramos polas cortizas dos corredores do noso centro, os traballos que o alumnado de 1º e 3º da ESO estivo facendo, seguindo a proposta que a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) nos suxeriu aos centros educativos galegos.
Pois aquí tendes unha pequena mostra desta homenaxe, baixo o lema "Ambos errantes polo mundo andamos" (#ErrantesPoloMundo_rdc_20), co que quixemos amosar o diálogo que os versos de Rosalía teñen coa realidade máis crúa e actual destes tempos.