Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2021

Xa temos nome! Somos "Palabras polo Umia"

Imaxe
  Xa temos nome!!! Grazas a todas e a todos vós por participar! Finalmente, somos "PALABRAS POLO UMIA". Este nome foi presentado por Julia Souto, de 3ESO A, á que en breve lle daremos o seu agasallo. Moitos parabéns, Julia!!   E estade atentas e atentos, porque na 3ª avaliación convocaremos un certame para facerlle un bonito logo a este nome!  Aquí vos deixamos unhas fotos de como foi este proceso!    

Día de Rosalía de Castro

Imaxe
 Hoxe é o Día de Rosalía, e o alumnado de 6º de Primaria do noso centro, fixo estas Rosalías bonitas para o certame organizado pola Deputación de Pontevedra, "A nosa Rosalía".    Pero ademais, na categoría "Airiños", de 9 a 11 anos, levou o premio especial Malena Jamardo Cravello, de 6º B!! Moitos parabéns para ela!! Aquí tendes a súa Rosalía:   E aquí vos deixamos toda a información.

Xa temos gañadoras dos Chíos!

Imaxe
 Pois si! Por fin temos gañadoras do II Concurso dos Chíos! Na categoría de primaria, a gañadora é Mara Crespo Castro, de 6º B, e na categoría da ESO, Laura Rodríguez Senín, de 2º A. Aquí vos deixamos as fotos dos chíos gañadores coas súas autoras. E cos seus premios! Unha taza super chula do Estudio Brétemas , de Ribadavia.         Queremos agradecer ademais, a achega de chíos enviados por todas as rapazas e rapaces que participaron no concurso. Mirade que bonitos quedaron expostos no taboleiro da EDLG!