Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2021

Preparando a I Festa da Linghua: Videomontaxe de fotografías

Imaxe
 Ola a todas e a todos! Este ano a COVID non nos vai deixar celebrar a Festa da Lingua que viñamos festexando todos este anos baixo a coordinación do "EDLG Terras do Umia". Mais iso non nos vai impedir facer unha pequena festa. A nosa festa.  Así que xa estamos a preparar todo para que, baixo o cumprimento dos protocolos da COVID, poidamos realizar unha festa segura e divertida. A I Festa da Linghua do noso centro.  Teremos unha xornada con actividades arredor da lingua que tamén servirán como homenaxe á poeta Xela Arias, a quen se lle dedican as Letras 2021. Estade atentas e atentos que xa estamos preparando todo desde todos os niveis de infantil, primaria e secundaria! E velaí a primeira información que enviamos para toda a comunidade educativa do centro! Tomade nota e participade! Estimados membros da comunidade educativa do CPI Afonso VII, poñémonos en contacto con vós co fin de solicitar a vosa colaboración na elaboración da videomontaxe “Unha vez, cun ratiño fun unive

Máis concursos!

Imaxe
 Comezamos este terceiro e último trimestre con dous concursos máis, dirixidos ao alumnado de Primaria e Secundaria. Veña, lede ben as bases e participade, que sempre hai premios! CONCURSO DUN LOGO PARA O EDLG "PALABRAS POLO UMIA" Agora que xa temos nome para o noso EDLG, necesitamos un logo bonito que o acompañe. Tendes até o 7 de maio e pode participar todo o alumnado da ESO.     I CONCURSO DE MICRORRELATOS "PALABRAS POLO UMIA" Como as condicións deste ano académico son as que son (a causa da COVID), pensamos que é moi boa idea recuperar vellos costumes, como a edicións dos Microrrelatos, que levabámola facendo xa hai moitos anos en colaboración con outros centros.  Así que agora, abrimos unha nova convocatoria para este curso e para o alumnado dos últimos cursos de Primaria e Secundaria. Tendes tamén até o día 7 e maio, e haberá premios!     A entrega dos premios farase na Festa da Lingua que andamos a preparar e que se celebrará na semana das Letras galega