Máis concursos!
Comezamos este terceiro e último trimestre con dous concursos máis, dirixidos ao alumnado de Primaria e Secundaria.
Veña, lede ben as bases e participade, que sempre hai premios!
CONCURSO DUN LOGO PARA O EDLG "PALABRAS POLO UMIA"
Agora que xa temos nome para o noso EDLG, necesitamos un logo bonito que o acompañe.
Tendes até o 7 de maio e pode participar todo o alumnado da ESO.
I CONCURSO DE MICRORRELATOS "PALABRAS POLO UMIA"
Como as condicións deste ano académico son as que son (a causa da COVID), pensamos que é moi boa idea recuperar vellos costumes, como a edicións dos Microrrelatos, que levabámola facendo xa hai moitos anos en colaboración con outros centros.
Así que agora, abrimos unha nova convocatoria para este curso e para o alumnado dos últimos cursos de Primaria e Secundaria. Tendes tamén até o día 7 e maio, e haberá premios!
A entrega dos premios farase na Festa da Lingua que andamos a preparar e que se celebrará na semana das Letras galegas.
Veña, a participar! e moita sorte para todas/os!
Comentarios
Publicar un comentario