Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2020

Recursos na rede con Aulas galegas

Imaxe
Se queredes atopar recursos en galego para estas semanas de illamento obrigado, presentámosvos a páxina Aulas galegas , creada por profesorado para axudar nestes momentos que estamos a vivir tanto a alumnado como a familias ou a outro profesorado que queira ideas para traballar cos seus grupos. Botádelle un ollo porque hai recursos para Educación Infantil, Primaria e Secundaria. Máis unha fonte de recursos que mergulla en galego e que pode ser do voso interese. Non deixedes de visitala! E moito ánimo para estas semanas! Coidádevos moito!!

8 de marzo: Día da Muller

Imaxe
Si, xa pasaron 3 días, mais con tantos traballos e movemento non puidemos achegarvos ao blog a exposición que o alumnado de 1ESO elaborou como maneira de conmemorar o Día da Muller , e así divulgar entre a comunidade educativa un conxunto de mulleres con diferentes biografías mais que tiveron ou teñen un papel fundamental nas sociedades ás que pertencen. Pois iso, coñezámolas e aprendamos delas! E temos que agradecer tamén as achegas que as nais e pais do alumnado nos fixeron para esta exposición! 😉

Afonso VII, o emperador da Galiza

Imaxe
Este sábado pasado, día 29 de febreiro, o xornal Nós Diario publicou un interesante artigo sobre a figura do rei galego Afonso VII, e como o noso centro leva por nome o deste monarca, decidimos compartir convosco este artigo para que lle poidades botar un ollo. 😉