Recursos na rede con Aulas galegas

Se queredes atopar recursos en galego para estas semanas de illamento obrigado, presentámosvos a páxina Aulas galegas, creada por profesorado para axudar nestes momentos que estamos a vivir tanto a alumnado como a familias ou a outro profesorado que queira ideas para traballar cos seus grupos.

Botádelle un ollo porque hai recursos para Educación Infantil, Primaria e Secundaria.

Máis unha fonte de recursos que mergulla en galego e que pode ser do voso interese. Non deixedes de visitala!

E moito ánimo para estas semanas! Coidádevos moito!!




Entradas populares de este blog

CHEGA O SAMAÍN!

V CONCURSO CHÍOS CON AMOR