Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2021

II Concurso Chíos con amor

Imaxe
 E seguimos con novidades! Hoxe sae a segunda convocatoria do Concurso Chíos con amor , que botou a andar no curso pasado. E vén cunha novidade: este ano hai edición para Primaria (5 e 6) e para Secundaria (1 e 2 ESO).  Así que xa sabedes, lede ben as bases e veña, a participar, que premios sempre hai!  Aquí tendes as bases do concurso:

Club de Regueifa e Improvisación

Imaxe
 Ei! que nós tamén queremos regueifar!! Pois si. Comezou este segundo trimestre e xa nos apuntamos a isto de regueifar. Así que se estades interesadas/os podedes unirvos a nós nos recreos dos martes e así irlle dando á improvisación con moi bo ritmo! 😉