Como ben sabedes, o próximo 24 de febreiro é o día de Rosalía de Castro, polo que desde o noso centro estamos preparándonos para celebralo por todo o alto. E estamos a seguir a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega . Iremos dando novas!
A EOI de Santiago de Compostela leva organizando desde o ano 2016 un certame que ten por obxectivo a divulgación da música e a poesía galego-portuguesa actuais, e así poder achegármonos á cultura e á lingua dos dous países, no marco do desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e os vínculos coa lusofonía. Agora está aberto o prazo para as votacións en liña da mellor canción galega e portuguesa do ano 2020. Tendes até o 20 de marzo e todas as persoas participantes, entrarán no sorteo dun lote de libros e CD's! Logo dunha primeira fase na que o xurado seleccionou os dez mellores temas en galego e os dez mellores temas en portugués, xa coñecemos as músicas e artistas nomeados nesta edición. Aquí os están: Por Galiza resultaron finalistas: Baiuca, Guadi Galego, Mercedes Peón & Strecherensemble der Augsburger Phillarmoniker, MJ Pérez, Néboa, Os d'Abaixo, Pauliña, Ukestra do Medio, Uxía & Sérgio Tannus e Xoana. E ...
Hoxe é o Día de Rosalía, e o alumnado de 6º de Primaria do noso centro, fixo estas Rosalías bonitas para o certame organizado pola Deputación de Pontevedra, "A nosa Rosalía". Pero ademais, na categoría "Airiños", de 9 a 11 anos, levou o premio especial Malena Jamardo Cravello, de 6º B!! Moitos parabéns para ela!! Aquí tendes a súa Rosalía: E aquí vos deixamos toda a información.