Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2020

Preparándonos para o 25N

Imaxe
Todos os anos facemos visíbel desde o noso centro a data do 25 de novembro. Non porque o resto do ano nos esquezamos da problemática que viven millóns de mulleres en todo o mundo, senón porque pensamos que é bo aproveitar calquera momento para visibilizar e concienciarnos sobre este problema que nos afecta directamente como sociedade. É por isto que xa estamos a preparar a actividade que realizaremos no centro este vindeiro mércores. Deixámosvos aquí a ligazón ás músicas, onde está a orixinal de El Diluvi e a tradución ao galego de Sés, para que a vaiades preparando. E tamén a letra! para que a teñades máis a man ;) E aproveitamos para preguntarvos: Sabedes por que o día 25 de novembro é o día no que reivindicamos o fin da violencia machista? Pois ben, no ano 1981 o "I Encontro Feminista de Lationamérica e o Caribe" decidiu esta data como conmemoración do brutal asasinato de tres activistas dominicanas chamadas Patricia, Minerva e María Teresa Mirabal, o 25 de novembro de 19

Queremos chegar a todas e todos vós!

Imaxe
  Ola! Sabedes que xa temos un perfil no Instagram?   Pois si! podedes axexar e espiar todo o que queirades en @aedlgafonsovii 🙈🙉🙊 Entrade!  

Precisamos un nome!!

Imaxe
Ola a todas e a todos! Xa estamos de volta neste novo curso! Sabemos que demoramos moito en volver, mais os comezos neste ano académico tan raro non nos permitiron facelo con maior celeridade.  Pero xa estamos aquí! E comezamos con nada menos que cun concurso que organizamos desde a EDL e o Departamento de Plástica do centro.  Lede con atención! O EDL creou este blog no curso pasado, co obxectivo de compartir diferentes traballos do alumnado, anuncios, concursos e todo tipo de actividades relacionadas coa lingua. Mais... necesitamos un nome e un logo para o noso blog!! E pensamos que vós, o alumnado do centro, sodes quen mellor pode facer esta achega.  Anímaste a facer un? Veña! Hai un bo premio!! Podes consultar as bases aquí .