Preparándonos para o 25N


Todos os anos facemos visíbel desde o noso centro a data do 25 de novembro. Non porque o resto do ano nos esquezamos da problemática que viven millóns de mulleres en todo o mundo, senón porque pensamos que é bo aproveitar calquera momento para visibilizar e concienciarnos sobre este problema que nos afecta directamente como sociedade.

É por isto que xa estamos a preparar a actividade que realizaremos no centro este vindeiro mércores. Deixámosvos aquí a ligazón ás músicas, onde está a orixinal de El Diluvi e a tradución ao galego de Sés, para que a vaiades preparando. E tamén a letra! para que a teñades máis a man ;)

E aproveitamos para preguntarvos: Sabedes por que o día 25 de novembro é o día no que reivindicamos o fin da violencia machista? Pois ben, no ano 1981 o "I Encontro Feminista de Lationamérica e o Caribe" decidiu esta data como conmemoración do brutal asasinato de tres activistas dominicanas chamadas Patricia, Minerva e María Teresa Mirabal, o 25 de novembro de 1960 baixo a ditadura da República Dominicana, da man de Rafael Trujillo Molina.

CONTRA AS VIOLENCIAS, EDUCACIÓN!





Publicacións populares deste blog

Un mes cheo de letras

Concurso "IV Chíos con amor"

Preparando a I Festa da Linghua: Videomontaxe de fotografías