Precisamos un nome!!

Ola a todas e a todos!

Xa estamos de volta neste novo curso! Sabemos que demoramos moito en volver, mais os comezos neste ano académico tan raro non nos permitiron facelo con maior celeridade. 

Pero xa estamos aquí! E comezamos con nada menos que cun concurso que organizamos desde a EDL e o Departamento de Plástica do centro. 

Lede con atención!

O EDL creou este blog no curso pasado, co obxectivo de compartir diferentes traballos do alumnado, anuncios, concursos e todo tipo de actividades relacionadas coa lingua.

Mais... necesitamos un nome e un logo para o noso blog!! E pensamos que vós, o alumnado do centro, sodes quen mellor pode facer esta achega. 

Anímaste a facer un? Veña! Hai un bo premio!!

Podes consultar as bases aquí.


 



Publicacións populares deste blog

Preparando a I Festa da Linghua: Videomontaxe de fotografías

Un mes cheo de letras

Concurso "IV Chíos con amor"