Xa temos chíos gañadores!

Hoxe, o Equipo de Normalización e Dinamización lingüística e o Departamento da Biblioteca reuníronse e fallaron os dous premios do primeiro concurso "Chíos con amor", relativos ás dúas categorías existentes (1 e 2 ESO).


As gañadoras son Alba González (1º ESO B) e Ainoa Sabarís (2º ESO B), que levaron como premios unha super mochila e un exemplar de A Mansión dos Pampín, un libro de banda deseñada de Miguelanxo Prado!


Moitos parabéns para as dúas!












Ademais, nos nosos corredores do centro, tedes unha exposición con todos os chíos presentados polo conxunto do alumnado do primeiro ciclo da ESO.






Publicacións populares deste blog

Preparando a I Festa da Linghua: Videomontaxe de fotografías

Un mes cheo de letras

Concurso "IV Chíos con amor"