Letras Galegas 2020

E hoxe, para conmemorar o Día das Letras Galegas 2020, compartimos convosco un primeiro adianto do que estamos a facer arredor das Letras e de Carvalho Calero.

Aquí tendes esta pequena postal onde aparece unha parte do alumnado de 1ESO!


E ademais, para acompañar o día, deixámosvos tamén un dos moitos poemas de Carvalho Calero, titulado "Maria Silencio", publicado no seu poemario Pretérito Imperfeito (1927-1961), do ano 1980, e musicado pola Minha Embala, un proxecto da angolana Aline Frazão.


E moito galego para todas e todos, e todos os días do ano!


Publicacións populares deste blog

Preparando a I Festa da Linghua: Videomontaxe de fotografías

Un mes cheo de letras

Concurso "IV Chíos con amor"