Certame a[R]itmar Galiza e Portugal 2021

 A EOI de Santiago de Compostela leva organizando desde o ano 2016 un certame que ten por obxectivo a divulgación da música e a poesía galego-portuguesa actuais, e así poder achegármonos á cultura e á lingua dos dous países, no marco do desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e os vínculos coa lusofonía.


 

 Agora está aberto o prazo para as votacións en liña da mellor canción galega e portuguesa do ano 2020. Tendes até o 20 de marzo e todas as persoas participantes, entrarán no sorteo dun lote de libros e CD's! 

Logo dunha primeira fase na que o xurado seleccionou os dez mellores temas en galego e os dez mellores temas en portugués, xa coñecemos as músicas e artistas nomeados nesta edición. Aquí os están:

Por Galiza resultaron finalistas: Baiuca, Guadi Galego, Mercedes Peón & Strecherensemble der Augsburger Phillarmoniker, MJ Pérez, Néboa, Os d'Abaixo, Pauliña, Ukestra do Medio, Uxía & Sérgio Tannus e Xoana.

E por Portugal: Ana Bacalhau, Bárbara Tinoco, Carlão, Cláudia Pascoal, Dino D'Santiago, Fuga, Miguel Araújo, Os Quatro e Meia, Pedro Abrunhosa e Tatanka.

 Veña, animádevos! Entrade aquí, escoitade as músicas e votade! 

Publicacións populares deste blog

Preparando a I Festa da Linghua: Videomontaxe de fotografías

Un mes cheo de letras

Concurso "IV Chíos con amor"