Ola! Volvemos con novas forzas e novidades!

 Ola a todas e a todos!

Volvemos estar activos neste novo curso académico 2023/2024! e para iso comezamos achegándovos as primeiras informacións!

Temos unha nova cortiza, xusto en fronte da Biblioteca, onde colgaremos e poremos todas aquelas informacións relacionadas coa nosa lingua. Ide ver a ver se hai algo interesante para vós!







E ademais traémosvos un concurso acabado de saír do forno:

Aproveitando que xa está aí o Samaín ou Defuntos, desde a EDLG queremos que vos fotografedes lendo un libro de medo. Mais, ollo! a fotografía ten que ser terrorífica!

Participade e gañade un agasallo sorpresa! Tendes até o 3 de novembro para enviala ao noso email (edlgafonsovii@gmail.com).

Bulide!! uuuuhhhhhh!!!!






Comentarios

Publicacións populares deste blog

Preparando a I Festa da Linghua: Videomontaxe de fotografías

Un mes cheo de letras

Concurso "IV Chíos con amor"