Actividades na semana do 25 de abril.

 Xa nos esquecéramos de ir subindo informacións de todo o que andamos a facer. E é que non é de estrañar, con todo o que estamos a argallar para a I Festa da Linghua, da próxima semana! Xa veredes, xa...

Pero de momento, informámosvos das actividades que fixemos na penúltima semana do mes de abril. Daquela, aproveitamos a proximidade da data histórica do 25 de abril, e navegamos no mundo da Lusofonía.

Viñeran da AGAL (Associaçom Galega da Língua) para nos achegar un pouquichiño máis á realidade do mundo do portugués, que supón para nós, galegos e galegas, unha super vantaxe competitiva. E iso foi o que aprendeu o alumnado de 6º de primaria, nos obradoiros "O mundo do INHO" e o de 1º ESO, nos obradoiros "O Português Simples!".

 Alén disto, e como xa foi nomeado máis enriba, traballamos coa Revolución do 25 de abril, ao visionar o coñecidísimo filme Capitães de abril e aproveitar para achegármonos a ese momento histórico. E mirade que sorte, que o alumnado de 4ESO levou un cravo para casa! 🌹🌹🌹


 

Publicacións populares deste blog

Preparando a I Festa da Linghua: Videomontaxe de fotografías

Un mes cheo de letras

Concurso "IV Chíos con amor"