Entradas

OBRADOIRO DE REGUEIFA

Imagen
O venres pasado volveu ao noso centro a nosa Sara para lembrarnos como era isto da regueifa . Pasamos dúas horas estupendas e tamén serviu para recuperar a emoción de regueifar e ata para renovar as ganas de preparar "unha boa" para a II Festa da Linghua. Sara Marchena , moitas grazas por visitarnos!

DÍA DE ROSALÍA

Imagen
O pasado 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía coa participación de todo o centro. Como plantamos pensamentos, recitamos, montamos unha exposición con versos do alumnado,...e case todo ao aire libre, saío o sol para facilitarnos a homenaxe. Por aquí deixamos algunhas imaxes que resumen o día.                           Plantamos pensamentos de diversos tipos. Que as nosas palabras medren na terra!   A cativada do cole tamén fixo moitas cousas ben interesantes:

Gañadoras do concurso de chíos

Imagen
Temos gañadoras do Concurso de Chíos!! Agradecementos para toda a xente que participou na celebración da Candeloria, porque coas vosas mensaxes enchemos o centro de cor. Agora o amor está no aire e nas vosas cartolinas.  Parabéns!

III CONCURSO DE CHÍOS CON AMOR

Imagen
A semana pasada saíu a terceira convocatoria do Concurso Chíos con amor, que xa cumpre 3 anos. Como o curso pasado, neste hai edición para Primaria (5 e 6) e para Secundaria (1 e 2 ESO). Así que animádevos a participar e a crear as vosas mensaxes de amor (a lugares, a persoas, a un tempo, ao carballo da leira dos avós, ao que sexa) despois de ler ben as bases, que premios sempre hai!  Aquí tedes as bases do concurso: