Ambos errantes polo mundo andamos

A pasada segunda-feira, 24 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía . Só que como este ano coincidiu co Entroido, decidimos homenaxear a nosa poeta uns días despois. Así que hoxe, 28 de febreiro, penduramos polas cortizas dos corredores do noso centro, os traballos que o alumnado de 1º e 3º da ESO estivo facendo, seguindo a proposta que a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) nos suxeriu aos centros educativos galegos. Pois aquí tendes unha pequena mostra desta homenaxe, baixo o lema "Ambos errantes polo mundo andamos" ( #ErrantesPoloMundo_rdc_20 ), co que quixemos amosar o diálogo que os versos de Rosalía teñen coa realidade máis crúa e actual destes tempos.