Preparando a I Festa da Linghua: Videomontaxe de fotografías

Ola a todas e a todos! Este ano a COVID non nos vai deixar celebrar a Festa da Lingua que viñamos festexando todos este anos baixo a coordinación do "EDLG Terras do Umia". Mais iso non nos vai impedir facer unha pequena festa. A nosa festa. Así que xa estamos a preparar todo para que, baixo o cumprimento dos protocolos da COVID, poidamos realizar unha festa segura e divertida. A I Festa da Linghua do noso centro. Teremos unha xornada con actividades arredor da lingua que tamén servirán como homenaxe á poeta Xela Arias, a quen se lle dedican as Letras 2021. Estade atentas e atentos que xa estamos preparando todo desde todos os niveis de infantil, primaria e secundaria! E velaí a primeira información que enviamos para toda a comunidade educativa do centro! Tomade nota e participade! Estimados membros da comunidade educativa do CPI Afonso VII, poñémonos en contacto con vós co fin de solicitar a vosa colaboración na elaboración da videomontaxe “Unha vez, cun ratiño fun u...