Entradas

Xornada de ciencia en galego

Imagen
A sección científica do noso súper equipo hoxe andou experimentando con moitas cousas, tamén coa lingua.   Parabéns por esta aventura na que traballastes tanto e tan ben! Foi ben divertido compartir estas horas.

Chegou o Samaín!!

Imagen
 Hai uns días pasou polo noso cole unha Santa Compaña da Lingua á que se podía unir quen quixese, mais falando en galego, que era a lingua que usaba. Sobre todo andou polo patio durante o recreo. Tamén levou algunhas alumnas das clases, aínda que metía un pouco de medo e non todo o mundo se atreveu a sumarse. Seguramente volva o curso que vén, dixo, a levar máis xente.           

Comezamos o 2021-22!

Imagen
 O Equipo de Dinamización da Lingua Galega "Palabras polo Umia" está de volta!!  O curso pasado fixemos cousas ben interesantes, así que durante este que comeza queremos repetir esas que nos gustaron e engadir algunha outra. Polo de agora estamos creando un grupo ben animado de alumnado da ESO. Aquí deixamos algunha imaxe da nosa primeira xuntanza-xantar, con moitas ideas compartidas e algúns xogos.

Actividades na semana do 25 de abril.

Imagen
  Xa nos esquecéramos de ir subindo informacións de todo o que andamos a facer. E é que non é de estrañar, con todo o que estamos a argallar para a I Festa da Linghua, da próxima semana! Xa veredes, xa... Pero de momento, informámosvos das actividades que fixemos na penúltima semana do mes de abril. Daquela, aproveitamos a proximidade da data histórica do 25 de abril, e navegamos no mundo da Lusofonía. Viñeran da AGAL (Associaçom Galega da Língua) para nos achegar un pouquichiño máis á realidade do mundo do portugués, que supón para nós, galegos e galegas, unha super vantaxe competitiva. E iso foi o que aprendeu o alumnado de 6º de primaria, nos obradoiros "O mundo do INHO" e o de 1º ESO, nos obradoiros "O Português Simples!".  Alén disto, e como xa foi nomeado máis enriba, traballamos coa Revolución do 25 de abril, ao visionar o coñecidísimo filme Capitães de abril e aproveitar para achegármonos a ese momento histórico. E mirade que sorte, que o alumnado de 4ESO ...

Preparando a I Festa da Linghua: Videomontaxe de fotografías

Imagen
 Ola a todas e a todos! Este ano a COVID non nos vai deixar celebrar a Festa da Lingua que viñamos festexando todos este anos baixo a coordinación do "EDLG Terras do Umia". Mais iso non nos vai impedir facer unha pequena festa. A nosa festa.  Así que xa estamos a preparar todo para que, baixo o cumprimento dos protocolos da COVID, poidamos realizar unha festa segura e divertida. A I Festa da Linghua do noso centro.  Teremos unha xornada con actividades arredor da lingua que tamén servirán como homenaxe á poeta Xela Arias, a quen se lle dedican as Letras 2021. Estade atentas e atentos que xa estamos preparando todo desde todos os niveis de infantil, primaria e secundaria! E velaí a primeira información que enviamos para toda a comunidade educativa do centro! Tomade nota e participade! Estimados membros da comunidade educativa do CPI Afonso VII, poñémonos en contacto con vós co fin de solicitar a vosa colaboración na elaboración da videomontaxe “Unha vez, cun ratiño fun u...

Máis concursos!

Imagen
 Comezamos este terceiro e último trimestre con dous concursos máis, dirixidos ao alumnado de Primaria e Secundaria. Veña, lede ben as bases e participade, que sempre hai premios! CONCURSO DUN LOGO PARA O EDLG "PALABRAS POLO UMIA" Agora que xa temos nome para o noso EDLG, necesitamos un logo bonito que o acompañe. Tendes até o 7 de maio e pode participar todo o alumnado da ESO.     I CONCURSO DE MICRORRELATOS "PALABRAS POLO UMIA" Como as condicións deste ano académico son as que son (a causa da COVID), pensamos que é moi boa idea recuperar vellos costumes, como a edicións dos Microrrelatos, que levabámola facendo xa hai moitos anos en colaboración con outros centros.  Así que agora, abrimos unha nova convocatoria para este curso e para o alumnado dos últimos cursos de Primaria e Secundaria. Tendes tamén até o día 7 e maio, e haberá premios!     A entrega dos premios farase na Festa da Lingua que andamos a preparar e que se celebrará na semana das Letr...

Certame a[R]itmar Galiza e Portugal 2021

Imagen
 A EOI de Santiago de Compostela leva organizando desde o ano 2016 un certame que ten por obxectivo a divulgación da música e a poesía galego-portuguesa actuais, e así poder achegármonos á cultura e á lingua dos dous países, no marco do desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e os vínculos coa lusofonía.    Agora está aberto o prazo para as votacións en liña da mellor canción galega e portuguesa do ano 2020. Tendes até o 20 de marzo e todas as persoas participantes, entrarán no sorteo dun lote de libros e CD's!  Logo dunha primeira fase na que o xurado seleccionou os dez mellores temas en galego e os dez mellores temas en portugués, xa coñecemos as músicas e artistas nomeados nesta edición. Aquí os están: Por Galiza resultaron finalistas: Baiuca, Guadi Galego, Mercedes Peón & Strecherensemble der Augsburger Phillarmoniker, MJ Pérez, Néboa, Os d'Abaixo, Pauliña, Ukestra do Medio, Uxía & Sérgio Tannus e Xoana. E ...